1909 Ondarreta

Aquí empezou todo. O campo de Ondarreta, situado frente ao mar Cantábrico, foi onde a Real xogou seus primeiros partidos e onde conseguiu seu primeiro titulo: a Copa do Rei de 1909.

Ondarreta

1928 Finais de Santander

Tres partidos tiveronse que xogar para decidi-lo campión da Copa do Rei. A triple final de Santander contra o FC Barcelona quedou inmortalizada polos poemas de Rafael Alberti, Oda a Platko e a réplica de Gabriel Celaya, Contraoda del poeta de la Real Sociedad.

Santander

1929 Paco Bienzobas, máximo goleador primeira Liga

A Real foi un dos clubes fundadores do primeiro campionato de Liga. Quedou cuarta e o realista Paco Bienzobas, con 17 goles, foi o primeiro máximo goleador da Liga. Bienzobas faleceu o día despois de dicirlle que a Real gañara a súa primeira liga.

Bienzobas

1931 A Liga escápaselle pola diferenza de goles

A Real estivera na cabeza a maior parte da Liga, que acabou nun triple empate con Athletic de Bilbao e o Racing de Santander. A Real que adestraba Harry Lowe quedou en terceiro lugar pola diferenza de goles.

Racing

1951 Chamartin (Bernabéu) Final de Copa

Con Benito Díaz como adestrador, e tras recuperar a varios xogadores que volveron despois de face-lo Valencia campión, coma Eizaguirre, Igoa e Epi, a Real conseguiu facer unha magnífica Copa: goleou ao Real Madrid en semifinais e perdeu contra o FC Barcelona no novo Chamartín, actual Santiago Bernabéu. De poder reter a aqueles tres xogadores, o palmares da Real sería maior.

Chamartin

1967 Puertollano, ascenso aos ceos

A Real caiuse algunhas veces pero se de algo caracterizase, é que sempre levántase con máis forza. O ascenso en Puertollano (Ciudad Real) contra el Calvo Sotelo dará inicio á época dourada do clube.

Puertollano

1976 Ikurriña en Atotxa

Apenas un ano despois da morte do dictador Francisco Franco, o 5 de decembro de 1976 saltaron ao campo de Atotxa os capitáns da Real e do Athletic, Inaxio Kortabarria e José Ángel Iribar, cunha Ikurriña, bandeira todavía ilegalizada. O partido homenaxe a Gaztelu, na que a Ikurriña quedou legalizada de facto, acabou co resultado de 5-0 a prol dos txuriurdines. Estábase a forjar un equipo campión.

Ikurriña

1979 Eliminatoria contra o Inter de Milán

Tras perderes 3-0 en San Siro, a Real intentou remontar en Atotxa aquela eliminatoria da UEFA contra o Inter de Milán. No partido de volta, a Real estivo a piques de remontar nun partido espectacular que rematou 2-0 e que a xente que o presenciou recórdao coma o mellor partido visto en Atotxa. A Real dábase a coñecer en Europa.

Inter

1980 Récord de imbatibilidade

O 11 de maio de 1980 no Ramón Sánchez Pizjuán a Real conseguiu o récord de imbatibilidade de tóda-las grandes ligas europeas, que a nivel europeo so o superaría o Milán de Arrigo Sacchi. Na Liga española nadie conseguiu supera-la marca da Real: 32 xornadas imbatida na misma tempada. Ata Sevilla en maio de 1980: esa derrota supuxo unha enorme decepción xa que significaba perder aquela Liga que tanto merecía.

Ondarreta

1981 Xixón, Campións de Liga

“Hai un pase de Olaizola sobre Alonso, centro de Alonso, vai saltar Castro, toca cos puños, chega o balón sobre Górriz, disparo de Górriz!, atención, Zamora ten a pelota, tira e…. goooooool!, goooooool!, gol da Real, gol, goool, gol da Real, goooooooool! Incrible señores!”. A narración de Joxean Alkorta inda resoa. Un ano despois de perderes unha Liga en maio do 1980, a Real conseguiu en Xixón seu primer título de Liga. No derradeiro minuto.

El Molinón

1982 Atotxa, segunda liga

Derradeiro partido de Liga na casa contra os veciños de Bilbao. Dous goles de Zamora e López Ufarte na segunda metade dalle o triunfo á Real. Atotxa e Gipuzkoa enteira estalan de ledicia: somos bicampións.

Atotxa

1983 Hamburgo, semifinais Copa de Europa

Nunca a Real chegara tan lexos. Na máxima competición de clubes, a Real chegou ata semifinais. Polo camiño eliminaran ao Víkingur de Reykjavík, Celtic de Glasgow e Sporting de Portugal. Tras empatar na casa, caiu contra o Hamburger SV en Alemaña cun gol en fora de xogo. O equipo xermano derrotou a Juventus na final de Atenas.

Hamburguer

1987 Zaragoza, Copa do Rei

A penaltis. Nunha tarde de moita calor en Zaragoza, noso gran capitán, Luis Arconada, parou o penalti decisivo a Quique Ramos co que a Real gañou seu segundo título de Copa.

Arconada en La Romareda

1998 Madrid, asasinato de Aitor Zabaleta

O 8 de decembro de 1998 é o día máis triste da nosa historia. Cando ía coa súa moza a ve-lo partido de volta dos oitavos de final da Copa da UEFA ante o Atlético de Madrid, Aitor Zabaleta foi asasinado nas inmediacións do Vicente Calderón. O partido disputouse e aínda hoxe parte da afición de ese equipo deshonra a súa memoria. Aitor beti gogoan.

Aitor Zabaleta

2003 Anoeta, casi a terceira Liga

Partido memorable en Anoeta. O equipo adestrado por Raynald Denoueix, que loitaba de ti a ti pola Liga contra o Real Madrid dos galácticos, derrotou 4-2 ao equipo branco cos goles de Kovacevic (2), Nihat e Xabi Alonso. A Real dependeu de si mesma para gañar a terceira Liga ata a penúltima xornada, pero ao final non o logrou ao perder en Vigo, a 800 kilómetros de Donostia, ante máis de 10.000 siaeiros da Real.

4-2 al Madrid en Anoeta

2004 nace o equipo feminino da Real

A Real feminina arrancou na categoría máis baixa e conseguiu o ascenso á Superliga feminina en dous anos. cada ano a Real forma un grupo máis sólido e pouquiño a pouco métese entre os equipos de arriba.

Zubieta

2010 ascenso no centeranio

Terceiro ano consecutivo na Segunda División. Tempada na que celébrase o centenario do clube. Un equipo adestrado por Martín Lasarte e con xogadores que serían a base dos seguintes anos en Primeira acada o ascenso case matemático no campo do Carranza en Cádiz. Ese mismo ano o clube comeza a saires dunha difícil situación económica que levoulle ao concurso de acredores e que comezou nos derradeiros anos en Primeira. Durante os festexos, Lasarte fixo popular un chamamento, “non desúnanse!”, que logo explicou: “Esta cidade, con esta afección, con este clube, montados todos dunha maneira estreita, real, homoxénea en pos dun obxetivo común e concreto, real, non utopías, non ten teitos”.

Ascenso 2010

2013 Lyon e Manchester, de Kalejira por Europa

Tras unha impresionante tempada realizada polo equipo dirixido por Philippe Montanier, a Real acada por supera-la eliminatoria da Champions League cun golazo de Antoine Griezmann no estadio Gerland de Lyon, onde acudiu con 4.000 siaeiros. A participación posterior foi decepcioante, pero serviu para que a afección realista dera un exempro de apoio ao equipo cuxo punto álxido foi a kalejira (unha sorte de manifestación festiva) de 5.000 persoas que partiu dende a praza Piccadilly no centro de Manchester ata o estadio de Old Trafford, onde agardaban outros 2.000 siaeiros da Real.

Gol Griezmann Gerland

Kalejira en Manchester

Zubieta, presente y futuro

Zubieta e a gran xoia da Real, Trátase do centro de adestramento e formación dos futuros xogadores do clube. Grazas ao traballo realizado neste lugar, a Real é o clube das grandes ligas que máis xogadores formados na súa canteira xogan no seu primeiro equipo. x

Zubieta

Moito máis que fútbol

Ademáis de fútbol, a Real ten seccións de atletismo, hóckey, pelota vasca e submarinismo. Con máis de cen anos, a sección de atletismo é a máis veterán e a de hóckey herba feminino a máis exitosa, con varios campionatos. Atxurrak gora!

Cid

Atxurrak gora

Cultura, non só deporte

A Real non é só fútbol nin só deporte. As aportacións que directa ou indirectamente realiza á cultura, máis aló do deporte, son diversas. Eduardo Chillida o escultor vasco máis internacional foi gardameta do clube na tempada 40-41: “No fútbol eu aprendín moitas cousas que utilicei logo na escultura”. Elías Querejeta, productor de moitas dos mellores filmes do cine español, tamén foi futbolista da Real (41 partidos, 6 goles) e logrou convencer a varios xogadores pra montar a productora Laponia films. Con ela axudaron a producir Viridiana, unhas das obras maestras do cine.

Chillida

Viridiana

logo Maite Taldea & Realsocialismo! & +